Comedor
Para recibir información polo grupo de difusión realizo os seguintes pasos:
1. Engado o num da ANPA Cernades (648026605) nos teus contactos.
2. Envía unha mensaxe de WhatsApp indicando que queres que se che inclúa no grupo de distribución asociado.
Para o maior aproveitamento de recursos, prégase notificar faltas de asistencia no día anterior ou no do día da falta antes das 9:00 am.
1. Engado o num da ANPA Cernades (648026605) nos teus contactos.
2. Envía unha mensaxe de WhatsApp indicando que queres que se che inclúa no grupo de distribución asociado.
Para o maior aproveitamento de recursos, prégase notificar faltas de asistencia no día anterior ou no do día da falta antes das 9:00 am.
- En caso de necesidade de dieta especial, notificarase antes das 9:00 a.m. do día.
- As crianzas só poderán ser recollidas do servizo polas persoas indicadas no formulario de solicitude.
- O alumnado que permaneza no centro escolar para a realización de actividades extraescolares agardará polo/a monitor/a da actividade baixo a supervisión das monitoras do comedor ou do profesor/a de garda.
- Recoller aos alumnos/as á saída do comedor no horario establecido. O incumprimento desta obriga porase en coñecemento da Dirección do Centro , para adoptar as medidas que legalmente resulten procedentes. A custodia de menos fora do horario será requirida ás autoridades competentes polo persoal do servizo de comedor.
- No caso de que algún usuario/a, sufrise un accidente ou enfermidade, o persoal responsable do servizo de comedor chamará por teléfono ao pai/nai/titor legal. Si requirise atención médica establecerán a evacuación ao centro de urxencias que corresponda, permanecendo co/a neno/a ata que a familia se faga cargo do menor.
- As faltas de conducta por parte de usuarios/as serán comunicados á Dirección do Centro, ao pai/nai/titora legal do/a usuario/a infractor/a, ó Consello Escolar e á Xunta Directiva da ANPA.
Rógase o pago anticipado do servizo comedor os días contratados, asista ou non a/o usuaria/o, xa que o lugar asinado no comedor non pode ser ocupado por outro neno/a.
O pago do comedor farase por adiantado nos 10 primeiros días do mes (no caso de iniciar o uso de servizo o 22/09 por período de adaptación farase o pago do 50% do importe para o mes de setembro, o resto é por mes completo). No caso de non facelo a/o alumna/o non poderá asistir ao comedor.
Número de conta de conta: ES64-0049-5471-1921-1606-2015.
Indicando o COMEDOR__MES_NOME COMPLETO do neno/a.
Importes por mes:
5 días- 81,00 €
4 días- 67,50€
3 días- 53,50 €
2 días- 36,50 €
1 día- 18,50 €
Horario de recollida 15:30 a 15:50 pola porta principal.
As crianzas que con antelación deciden non facer uso do servizo, non realizarán o pago para dito més.
Inicio do servizo 11 de setembro.
Menos Setembro